Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo form@carm

form@carm: Formación online para dinamizadores das redes de telecentros

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 01/07/16 (08:22)

A Asociación de Telecentros abrirá un novo proceso formativo para os dinamizadores das súas redes de telecentros, esta formación que se realizará a través da plataforma de e-learning form@carm, é froito da colaboración da asociación coa Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia e a Fundación Integra, e nela un total de 600 dinamizadores das redes de telecentros de, Andalucía, Asturias, Castela e León, Estremadura, Forteventura, Galicia e Navarra poderán realizar varios cursos ata marzo de 2017.

A oferta formativa de form@carm compona diversos cursos e foron elaborados cunha metodoloxía e recursos multimedia que facilitan a adquisición de coñecementos de forma sinxela e cómoda. O alto grao de satisfacción dos alumnos que cursaron os distintos cursos avala a calidade dos contidos ofertados. Actualmente form@carm está a xogar un importante papel na Rexión de Murcia ao complementar a aprendizaxe e a capacitación tanto de emprendedores e empresarios como de traballadores en activo e desempregados co fin de promover a súa reciclaxe e inserción no mundo laboral.

A acción formativa estrutúrase en tres fases, unha fase inicial, antes do verán, de dinamización entre as redes participantes, unha segunda fase de preinscrición e validación de matriculacións, en setembro e unha última fase de formación online, na que os dinamizadores terán 6 meses de acceso aos diferentes cursos , podendo realizar tantos como desexen, coa limitación de 3 cursos simultáneos.

form@carm é un proxecto xestionado pola Fundación Integra e financiado con fondos europeos FEDER da Unión Europea nun 80 %, e nun 20 % por fondos propios da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia.

Desde a Asociación Comunidade Redes de Telecentros, retomouse este proxecto, enmarcándoo na campaña e-skills for Jobs e que se desenvolve dentro do marco de cooperación e compartición de proxectos e recursos que persegue a Asociación entre os seus membros, dado o interese común en fomentar e mellorar a formación das persoas que dinamizan os centros de innovación tecnolóxica/espazos TIC.

Máis información en: http://comunidaddetelecentros.net/formacarm/ e www.formacarm.es

Tema: Xeral
Fonte: Comunidad de Telecentros
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal