Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Canvas para a Innovación Social.

O Plan de Formación do Voluntariado Dixital da Xunta 2016 aborda o uso da ferramenta Canvas na innovación social dixital

  • Ponse en marcha o plan de formación 2016 de Voluntariado Dixital “INNOVACIÓN SOCIAL DIXITAL dende unha análise de ferramentas CANVAS”
  • Haberá dúas edicións no mes de xullo: Santiago os días 4 e 5 e Ourense os días 6 e  7
  • A formación está dirixida aos voluntari@s dixitais, ao persoal técnico de entidades de acción social, aos axentes TIC das aulas CeMIT impulsoras de proxectos de innovación social dixital e a calquera persoa e/ou organización interesada nestes temas
  • Nestas xornadas traballarase dun xeito participativo para definir unha realidade, atopar solucións e planificar accións para darlle resposta a través do modelo “Canvas”
  • A inscrición e de balde e as prazas son limitadas
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/06/16 (10:18)

Desde o Plan de formación continua do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, ponse en marcha unha nova actividade formativa: Innovación Social Dixital dende unha análise de ferramentas Canvas.

Os participantes, entre os que se atoparán voluntarios e voluntarias dixitais, persoal técnico de entidades de acción social, axentes TIC das aulas CeMIT-Innova e a calquera persoa e/ou organización interesada nestes temas, aprenderán a utilizar unha serie de ferramentas que lles permitirá definir os seus proxectos de innovación social dixital, atopar solucións aos problemas e traballar de forma colaborativa.

O obxectivo final da formación será polo tanto, xerar sinerxías e colaboracións, en cada un dos proxectos piloto, cos que seguir construíndo unha iniciativa común, de maneira conxunta e coa participación de novos aliados dixitais.

O obradoiro de Canvas desenvolverase en dúas edicións de 12 horas cada unha: unha no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) de Santiago de Compostela o día 4 de xullo de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e o día 5 de 10:00h a 14:00h, e outra edición no Centro da Molinera de Ourense o día 6 de xullo de 10:00h a 14:00h e de 16:00h 20:00h e o día 7 de 10:00h a 14:00h.

A continuación facilítase máis información de detalle do programa formativo para cada unha das edicións:

A inscrición é de balde, ten prazas limitadas e pódese formalizar na web de voluntariado galego ata o 1 de xullo ás 12:00h para a formación de Santiago e ata o 5 de xullo ás 12:00h no caso da formación de Ourense:

 

O experto

Para que os participantes consigan o obxectivo de construír innovación social dixital contarase coa presenza de Paco Prieto, consultor en creatividade e innovación en talento corporativo, que conta cunha dilatada experiencia en iniciativas de creatividade e innovación en diversos ámbitos da sociedade e facilitará a todos os asistentes a claves para aplicar a ferramenta canvas para a innovación social dixital en Galicia a través de casos prácticos e colaborativos.

 

Programa de Voluntariado Dixital - VOLDIX

O Programa de Voluntariado Dixital é unha iniciativa, posta en marcha en febreiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que conta xa con 487 persoas voluntarias e 142 aliad@s dixitais. Ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía, especialmente entre os colectivos máis desfavorecidos (persoas maiores, persoas con discapacidade, etc).

A iniciativa suma a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas do ámbito tecnolóxico, a colaboración das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas.

 

Voluntariado Galego

O Voluntariado Galego é outra das apostas da Consellería de Política Social para enmarcar todas as iniciativas que fomentan a participación e a solidariedade dos galegos e galegas, e a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación  e Voluntariado, continuase traballando para promover a participación e o voluntariado en colaboración coas entidades de acción voluntaria para contribuír ao desenvolvemento individual e colectivo da sociedade.

 

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal