As colexiadas e colexiados do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebraron o sábado a oitava edición da “Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”, unha gala na que a reivindicación e a reflexión deixaron lugar tamén para o divertimento. Conducido pola estrela televisiva Leo Harlem, o acto celebrouse no Hotel-Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, e contou cun cóctel de benvida e diversos entretementos de realidade virtual e aumentada, ademais de magos e caricaturistas, a entrega dos premios anuais, unha cea de gala e a actuación do artista convidado.
A xuntanza incorpora cada ano un momento de reflexión. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, destacou nas palabras que lle dirixiu aos presentes “a capacidade transformadora da Industria 4.0, que suporá a penetración masiva da tecnoloxía na contorna industrial e demais sectores”.
Son necesarias máis mulleres
“Desafío” e ”reto” foron unhas das verbas máis empregadas por Suárez Lorenzo, quen aludiu nas palabras que lle dirixiu ao público presente a necesidade de incorporar máis mulleres ao sector das tecnoloxías da información para “non perder talento”. Nese sentido, sinalou a fortuna de que tres das premiadas sexan mulleres.
Así mesmo, referiuse á ciberseguridade como outro dos desafíos da sociedade actual e destacou que número de incidentes relacionados con ela aumentou nun 80 por cento no último ano. “As autoridades están a tomar conciencia de que a seguridade tecnolóxica é fundamental; de aí a necesidade de contar con profesionais preparados apra afrontar os retos que os ciberdelincuentes presentan”.
Porén, Suárez Lorenzo falou tamén de excepcións e sinalou o caso da Deputación da Coruña, que na súa última convocatoria de prazas para postos de técnico superior en informática fixou como requisitos de acceso ter desde a licenciatura en Dereito ata ser intendente mercantil, pasando pola enxeñaría en Informática. “Por iso acabamos de interpoñer un recurso de reposición contra a citada convocatoria”, asegurou o presidente do CPEIG con ton reivindicativo.
“Se o reto da seguridade e a privacidade é unha das principais preocupacións de usuarios e administracións, debemos garantir que os responsables das mesmas sexan profesionais debidamente formados e certificados”, afondou Fernando Suárez dirixíndose aos presentes.
Empresariado do sector TI, representantes académicos, o reitor da Universidade da Coruña, e cargos públicos coma o conselleiro de Economía, Industria e Emprego, Francisco Conde ou Mar Pereira, directora da Amtega, acompañaron aos colexiados na celebración.
Os galardoados na oitava edición da “Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” foron os seguintes:
Todos os premiados recibiron unha estatuíña conmemorativa, agás a gañadora do Premio Proxecto Fin de Carreira, quen tamén recolleu un cheque por valor de mil euros.
Patrocinadores da Noite
Como patrocinadores ouro: Altia, AMTEGA, Bahía Software, Emetel, Epson, Everis, HPE-Intel, Indra, Kaspersky, NetApp, Oracle, Plexus, R, Retegal, Telefónica, Unisys,Vodafone e Xunta de Galicia.
Como prata: Acuntia, Inforhouse, Atos, Avaya, Balidea, Cisco, Deputación de Pontevedra, Ednon, EMC, Fortinet, Grupo PSN, Idom, Informática de El Corte Inglés, Inycom, Oesía, Samsung, Symantec, Taisa, Tech Talents e Tecnocom.
Rexístrate como: