O Observatorio da Sociedade da Información e a Comunicación de Galicia (Osimga) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía o seus ámbitos de análise con tres novos estudos específicos sobre: o uso das TIC entre as persoas maiores e entre as persoas con discapacidade; e a situación da sociedade da información no rural.
A Concellería de Xuventude do Concello de Vilagarcía de Arousa pon en marcha este verán un Campamento Tecnolóxico destinado a mozos e mozas de 15 a 35 anos de idade, actividade de balde onde os participantes recibirán formación práctica sobre o uso de tecnoloxías emerxentes como aplicacións móbiles, robótica, programación ou GPS, co fin de que as poidan aplicar ás súas actividades laborais, sociais ou de lecer.
A Embaixada de Estados Unidos puxo en marcha unha nova edición do campus '#Girlstech' este verán en Madrid e Valencia, dirixido a nenas entre 9 e 12 anos interesadas na Ciencia e Tecnoloxía. Para iso, becará a 30 participantes.