Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Campus '#Girlstech'

A Embaixada de EE.UU pon en marcha o campus de verán '#Girlstech' para achegar as nenas á tecnoloxía

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/05/16 (09:06)

A Embaixada de Estados Unidos puxo en marcha unha nova edición do campus '#Girlstech' este verán en Madrid e Valencia, dirixido a nenas entre 9 e 12 anos interesadas na Ciencia e Tecnoloxía. Para iso, becará a 30 participantes.

Esta iniciativa é un proxecto que busca formar a nenas en idade escolar no ámbito da tecnoloxía e axudalas a enfocar as súas carreiras cara ás ciencias, matemáticas ou enxeñerías. En Estados Unidos coñécese co acrónimo de STEM (Science, Technology, Engineering & Mathemathics), segundo informou a embaixada estadounidense nun comunicado.

Durante o campus, as participantes aprenderán a deseñar videoxogos con Scratch e páxinas web; participarán en obradoiros para desenvolver historias usando Pixl, Popcorn ou Animatrix; e aprenderán sobre impresión 3D e deseño paramétrico.

'#GirlsTech' que vaise a desenvolver no American Space de Valencia e Madrid nos meses de xuño e xullo. A formación correrá a cargo da Asociación MujeresTech e as bolsas inclúen os gastos de matrícula, 10 obradoiros de dúas horas de duración e o material necesario para o desenvolvemento dos obradoiros.

Tema: Xeral
Fonte: Cibersur
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal