Un grupo de 20 mozos e mozas da comarca do Baixo Miño participan no programa “Emprender a través das novas tecnoloxías”, financiado pola liña Iniciativa Xove da Consellería de Política Social a través da Asociación Érguete Baixo Miño.
Telefónica acaba de lanzar a web OpenSpain, que ten como obxectivo axudar aos refuxados que chegan a España. A ferramenta, creada por mozos menores de 30 anos de varias nacionalidades, está dispoñible en español, inglés e árabe. O sitio informa a estas persoas dos pasos que deben seguir para realizar as primeiras xestións cando chegan ao noso país.
Onte deu comezo o Curso de Mercadotecnia Dixital nas instalacións da Fundación CEL de Lugo, unha actividade formativa co-financiada pola Rede Eusumo da Xunta e que vai fornecer contidos e recursos sobre os mellores xeitos de tirarlles partido ás novas ferramentas (comercialmente e comunicativamente) a unha vintena de alumnos (emprendedores e empresarios do ámbito da economía social).