Hai uns meses saíu ao mercado Arcade Land, o primeiro xogo comercial adaptado para xogadores con parálise cerebral. En esencia, falamos de versións dos grandes clásicos como Pac-Man, Space Invaders ou a serpe que permiten adaptar o xogo "coma se fose unha luva" á capacidade dos xogadores.
Tecnoloxías como o big data, a realidade virtual, a arte dixital ou as cartografías urbanas serán as protagonistas da I edición do TEK-FEST, Encontro Internacional de Tecnoloxías Emerxentes