A web OpenSpain, a primeira ferramenta dixital de axuda aos refuxiados que chegan a España, xa está dispoñible en español, inglés e árabe. O proxecto, posto en marcha por Telefónica a través da súa iniciativa Join, informa a estas persoas dos pasos que han de seguir para acometer as primeiras xestións.
A web é a primeira destas características e está dirixida tanto a refuxiados como a Ong. A iniciativa contou co apoio de Red.es, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, ACCEM e Madrid International LAB.
O proxecto é resultado do traballo realizado por un grupo integrado por nove novos estudantes e profesionais, de entre 23 e 29 anos, e de diferentes nacionalidades -española, siria, iraquí, iraniana, saharauí e venezolana- que durante seis meses deseñaron e desenvolveron a web co apoio e asesoramento de tres mentores expertos nas instalacións do Madrid International LAB.
Aloxamento, traballo e educación
OpenSpain inclúe información para facilitar unha primeira fase de acollida aos refuxiados que chegan a España en situacións desfavorecidas: aloxamento (programas de acollida e vivendas en réxime de aluguer), documentación, traballo, educación, asistencia médica e transporte transporte público en cidades como Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia.
Segundo a compañía, o grupo de traballo desenvolveu unha solución tecnolóxica que supón unha axuda real para os estranxeiros que chegan a España en situacións desfavorecidas.
Rexístrate como: