Investigadores da Universidade Politécnica de Valencia deseñaron Removiem, un sistema de realidade virtual de baixo custo para a rehabilitación motora de persoas con esclerose múltiple. A ferramenta baséase no uso de tecnoloxías empregadas no ámbito dos videoxogos e estase a validar en colaboración cunha asociación de afectados por esta enfermidade.
CETEMMSA, centro tecnolóxico avanzado da rede TECNIO, foi elixido para liderar o proxecto europeo ChefMySelf co obxectivo de desenvolver un sistema de cociña automática e fácil de usar para persoas maiores atendendo ás súas necesidades nutricionais.