Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
ChefMySelf

Un chef-nutricionista virtual para persoas maiores

 



  • Cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros, o proxecto europeo ten o obxectivo de mellorar os hábitos alimenticios das persoas de idade e independentes.

  • Ten tres compoñentes principais: o robot de alimentos, as interfaces de usuario e os servizos Cloud
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/07/13 (10:24)

CETEMMSA, centro tecnolóxico avanzado da rede TECNIO, foi elixido para liderar o proxecto europeo ChefMySelf co obxectivo de desenvolver un sistema de cociña automática e fácil de usar para persoas maiores atendendo ás súas necesidades nutricionais.


Estimular ás persoas maiores para que cociñen adecuadamente na súa casa, proporcionándolles bos hábitos nutricionais, axudándoas a configurar unha dieta saudable e realizar as compras apropiadas de alimentos e bebidas potenciando a súa socialización, son os principais obxectivos do proxecto. Destinado a adultos independentes, sen enfermidades ou discapacidades graves, tamén é adecuado para as persoas de idade avanzada ou con limitacións cognitivas leves. Está demostrado por diferentes estudos que continuar realizando actividades do día a día como é cociñar axuda a manter á xente maior independente e activa.


O proxecto que ten unha duración de dous anos, conta cun orzamento de 1.761.864 euros e a intervención de sete empresas de cinco países. A primeira reunión de traballo tivo lugar en Mataró os días 1 e 2 de Xullo.


Descrición tecnolóxica do proxecto ChefMySelf


ChefMySelf ten tres compoñentes principais: o robot de alimentos, as interfaces de usuario e os servizos Cloud. A interacción de todo o conxunto baséase en tecnoloxía segura, aberta e estandarizada, accesible mediante a TV ou dispositivos móbiles.


O procesador de alimentos (robot), da empresa Polne de Group Taurus que tamén participa no proxecto, será adaptado mediante o desenvolvemento dunha interfaz accesible que será deseñada e integrada por CETEMMSA e orientada especialmente para as persoas maiores. Esta interfaz é a que interactuará co usuario, ofreceralle e recomendará contidos para manter unha dieta saudable, tendo en conta as súas necesidades nutricionais particulares. Por último, o sistema creará unha rede social enfocada no tema do envellecemento saudable e a alimentación para motivar aos usuarios a ser activos e a manter relacións sociais, con funcionalidades tales como compartición das propias receitas, posibilidade de interactuar con outros usuarios do sistema, etc.


Os servizos baseados na nube (Cloud) ofrecerán un conxunto de aplicacións para o coidado e mantemento de bos hábitos da nutrición e o seu apoio mediante receitas. Tamén incluirán outras funcionalidades que permitirán a monitorización do consumo diario de calorías, vitaminas e minerais para que o usuario controle a súa alimentación. As comidas cociñaranse seguindo paso a paso as instrucións da receita elixida, o que os usuarios poderán facer mediante as súas propias habilidades ou seguindo as indicacións da interfaz adaptada. Para motivar e mellorar a interacción social, ChefMySelf incluirá un conxunto de servizos para publicar e comentar novas receitas producidas polos propios usuarios e permitirá interactuar co envío de mensaxes a outros usuarios.


A solución ChefMySelf desenvolverase tendo en conta a tecnoloxía actual e a adaptación a novos dispositivos para persoas maiores.


Funcionalidades e Procedemento de ChefMySelf


Grazas á plataforma de servizos que integran o sistema, este permitirá ao usuario, entre outras funcionalidades, a consulta de receitas en función das súas preferencias ou tipo de ingredientes, indicándolle os resultados nutricionais e o consumo diario de calorías, de minerais e de vitaminas, grazas a un histórico das comidas realizadas. O sistema tamén proporcionará ferramentas para programar as comidas semanais, recomendando menús en función do estado de cada usuario e de se padece algún tipo de enfermidade. En función da programación semanal, ChefMySelf poderá xerar a lista da compra semanal e reflectila sobre o dispositivo móbil do usuario como lista da compra ou nun dispositivo doutra persoa, se o usuario ten limitada a súa mobilidade.


Países e empresas participantes


ChefMySelf está financiado polo Programa Conxunto AAL (Ambient Assisted Living) con cargo ao Orzamento do Ministerio de Industria Enerxía e Turismo e con fondos da Comisión Europea, co número de referencia AAL-010000-2013-18 e AAL-010000-2013-4.


Liderado e coordinado por CETEMMSA, no proxecto participan tamén o centro tecnolóxico de Portugal "Fraunhofer Portugal Research", as empresas "ASM Market Research and Analysis Centre" (Polonia) e ME.CHE.DÁ. (Italia), a compañía industrial "POLNE" de Taurus Group (España) e dúas entidades para realizar as probas piloto finais: Instituto Nazionale dei Ricovero e Cura para Anziani (Italia) e Unie KBO (Holanda).
 

Tema: Xeral
Fonte: CETEMMSA
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal