O hospital Beth Ismael Deaconess Medial Center de Boston estivo a utilizar os lentes intelixentes de Google, Google Glass, para recocer os seus pacientes da área de urxencias. Mediante un código QR, envíase aos doutores o historial médico dos seus pacientes, así como os resultados da súa probas.
Aisoy Robotics e a Fundación Everis presentaron esta semana en Madrid o robot Aisoy 1. Esta máquina é capaz de procesar algo parecido ás emocións mentres dialoga con persoas. O robot comeza a relacionarse ao sacalo da caixa, sen necesidade de programalo, segundo os seus creadores, nun intento por "achegar a tecnoloxía ás persoas e facela o máis natural posible".
A Consellería de Traballo e Benestar está a colaborar coa Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) para a celebración o próximo 4 de abril da xornada ‘Ticsenior 2014’ que terá lugar en Santiago, no Centro de Novas Tecnoloxías, e que ten como obxectivo principal acercar o uso das novas tecnoloxías ao colectivo dos maiores para unha maior integración no seu entorno próximo e incluso global, así como a promoción do voluntariado do maior como un dos elementos principais do envellecemento activo.