Norma 4 desenvolveu unha aplicación para móbiles destinada a que os pais ou titores de persoas con discapacidades psíquicas poidan controlar os desprazamentos destas. Trátase dunha solución que garante a seguridade dos usuarios, ao tempo que lles achega unha maior autonomía de movementos.
Baixo o título “Un paso adiante”, o III Foro de Accesibilidade, organizado pola empresa ThyssenKrupp Encasa, reunirá o vindeiro día 3 de abril en Madrid, distintos expertos que abordarán dous temas de plena actualidade: turismo accesible e maiores 2.0.