Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
III Foro de Accesibilidade

ThyssenKrupp Encasa pon en marcha o III Foro de Accesibilidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/03/14 (09:02)

Baixo o título "Un paso adiante", ThyssenKrupp Encasa, empresa líder en solucións de accesibilidade nos fogares, pon en marcha o seu III Foro de Accesibilidade, no que distintos expertos abordarán dous temas de plena actualidade: turismo accesible e maiores 2.0.


Este Foro, pretende que ser un punto de encontro para debater e buscar solucións aos problemas cos que cada día se enfrontan as persoas con mobilidade reducida, terá lugar o próximo día 3 de abril, na sede da Fundación Rafael del Pino, en Madrid.


A xornada comezará cunha mesa debate sobre o turismo accesible, onde se expoñerán as iniciativas "Por un verán accesible" e "Regalaaccesibilidad.com" que puxo en marcha ThyssenKrupp Encasa durante 2013, para que España, como destino turístico destacado, aposte pola calidade e pola eliminación de barreiras. Neste debate estarán presentes, entre outros, o Embaixador de Alemaña en España, Silberberg, o Director Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ignacio Tremiño, e a Directora Asuntos Corporativos en Madrid Destino, Susana Arribas.


Tras esta mesa chegará a quenda de falar dos "Maiores 2.0". As novas tecnoloxías cambiaron totalmente a sociedade, algunhas persoas creceron con elas, pero moitos cidadáns víronse, sen querelo, desbordados co uso de móbiles, internet, ordenadores, tablets, etcétera. Dende Thyessenkrupp Encasa consideran que "os maiores, en lugar de excluírse, teñen que formar parte e tirar proveito de todas estas novidades". Diso, debaterán no foro a Directora Xerente da Unión Democrática de Pensionistas, Paca Tricio, a Directora de Innovación en Fundación Vodafone, María Satur Torre, e o Socio Fundador de Econred e Post 55 Fundación Telefónica, Marisa Sanmartín, entre outros. 

Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal