HackForGood 2014 vai reunir tres días máis de 600 hackers en 10 cidades. Na edición deste ano hai 3 temas focais: Innovación, Educación e Emprego.
O obxectivo é xuntar persoas do mundo da tecnoloxía, a programación, o deseño con persoas do mundo social para traballar na resolución de retos sociais.
@Hack_ForGood #h4g #HackForGood
Que é h4g?
A tecnoloxía pode axudar a satisfacer moitas necesidades sociais e HackForGood é un hackathon centrado na innovación social, onde se desenvolverán novas ideas, servizos ou aplicacións que axuden a resolver problemas sociais, satisfacendo necesidades existentes, creando novas comunidades, desenvolvendo colaboracións entre institucións publicas, privadas e terceiro sector, etc. Todo o que contribúa a crear un mundo mellor.
Este ano céntrase en tres fíos temáticos: Innovación, Educación e Emprego, aínda que esta aberto a calquera tema relacionado coa innovación social.
As aplicacións poderanse desenvolver individualmente ou por equipos, valorándose especialmente a formación de equipos multi-disciplinares que inclúan todos os perfís necesarios para o desenvolvemento de servizos e aplicacións, tales como, técnicos, deseñadores, sociologos, psicólogos, etc
Na avaliación dos resultados considerásense factores como impacto, importancia do problema solucionado, creatividade, innovación, facilidade e baixo custo de despregamento, adaptación a multi-dispositivo e ao ecosistema de dispositivos móbiles, uso de software libre, uso de estándares abertos...
Algúns exemplos de necesidades sobre as que esperamos recibir Retos en HackForGood están relacionadas con:
Moi pronto máis información sobre o programa, inscricións e todos os detalles desta nova edición.
Rexístrate como: