En 2015 un terzo dos usuarios de 'smartphone' terá instalada, polo menos, unha aplicación de saúde, segundo mostrou o primeiro 'Informe das 50 mellores apps de saúde en español', elaborado por The App Date, co impulso do Observatorio Zeltia e a colaboración da Cátedra conxunta Zeltia-Universidad Rey Juan Carlos de Madrid, Wake App Health e Rede de Innovación (RDi).
O programa 'Actívate' é unha iniciativa que dota os menores de 30 anos de ferramentas para crear negocios, poñerse en marcha como emprendedores, ou prepararse axeitadamente para a busca de emprego. Esta acción conxunta de Google e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade pública Red.es e da Escola de Organización Industrial (EOI) está en liña coa estimación da Comisión Europea de 900.000 novos empregos nos próximos anos dentro do sector da Economía Dixital
Os obxectivos son impulsar e apoiar o compromiso do profesorado coa modernización educativa a través da aplicación das TIC procesos de ensino-aprendizaxe e, a maiores, promover o fluxo de experiencias de boas prácticas respecto destas ferramentas.