O presidente de Red.es, César Miralles, asegurou hoxe que en España preto de 78.000 persoas están ocupadas no sector da economía dixital, e vaticinou que nos próximos dous anos se van xerar ao redor de 300.000 empregos no ámbito dos contidos dixitais (animación, videoxogos, etc), un crecemento que só pode ser integrador se os medios dixitais son plenamente accesibles para as persoas con discapacidade.
TECNALIA traballa en iniciativas baseadas en tecnoloxía asistencial como un sistema de sensores que permite monitorizar as actividades e hábitos da persoa, e detectar cambios e actividades que poden ser síntoma de trastornos relacionados con enfermidades neurodexenerativas como o alzhéimer
O Programa de Voluntariado Dixital foi elixido pola Comisión europea como exemplo de boa práctica en materia de inclusión social a través das TIC e está a ser analizado nun seminario de avaliación por pares, que se celebra hoxe en Santiago. No encontro participan representantes de 10 entidades correspondentes a 7 países europeos: Bélxica, República Checa, Polonia, Romanía, Suecia, Reino Unido e Portugal, así como cunha representante da Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da Comisión Europea, Emanuela Tassa.