O colectivo de persoas con discapacidade-que alcanza os 1.000 millóns de persoas en todo o mundo- e o seu ámbito supoñen un mercado potencial de 8.000 millóns de dólares (preto de 5.800 millóns de euros) para o sector tecnolóxico, segundo se desprende das conclusións do estudo 'A accesibilidade no mundo crecente da telefonía móvil.Un potencial de mil millóns de persoas', presentado por Telefónica.
A Comisión Europea (CE) lanzou dous concursos relacionado coa formulación e o desenvolvemento de novas aplicacións. Un deles buscará aplicacións que mellor beneficien á sociedade e outro programas baseados na plataforma Fi-Ware.
A Xunta de Galicia e o Centro de Seguridade en Internet ‘Protégeles’ veñen de subscribir a súa colaboración para a protección dos menores no emprego das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), unha das liñas prioritarias de actuación do departamento autonómico para dar resposta aos retos que estas ferramentas supoñen tanto no eido educativo como na vida cotiá, e na que xa se están a desenvolver actuacións a través da formación do profesorado e de programas como ‘Navega con rumbo’.