Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Concurso Smart Society con tecnoloxía Fi-Ware

As 'apps' máis beneficiosas para a sociedade teñen un premio de 200.000 €


  • O segundo reto é Fi-Ware Excellence. Os participantes deberán desenvolver aplicacións cunha temática libre co único requisito de que estas 'apps' utilicen algún dos compoñentes que ofrece a plataforma Fi-Ware. 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 31/03/14 (08:53)

A Comisión Europea (CE) lanzou dous concursos relacionado coa formulación e o desenvolvemento de novas aplicacións. Un deles buscará aplicacións que mellor beneficien á sociedade e outro programas baseados na plataforma Fi-Ware. En total repartirá un total de 341.000 euros en premios: 200.000 euros no caso do primeiro concurso e 141.000 no segundo.


O primeiro concurso é Smart Society. O obxectivo deste reto é a recompilación de ideas para o desenvolvemento de novas aplicacións que se traduzan nalgún tipo de mellora para a sociedade en xeral como, por exemplo, unha ferramenta que permita que a cidadanía teña maior peso na toma de decisións da súa comunidade ou unha solución para facilitar o seguimento dos pacientes. O único requisito para o concurso é que se apoie en tecnoloxías asociadas á plataforma Fi-Ware.


O segundo reto é Fi-Ware Excellence. Os participantes deberán desenvolver aplicacións cunha temática libre co único requisito de que estas 'apps' utilicen algún dos compoñentes que ofrece a plataforma Fi-Ware.


A data de inscrición para ambos os dous concursos comezou o 27 de xaneiro e finalizará o 24 de abril, despois de que os organizadores decidisen ampliar as datas de presentación de proxectos.


Os concursos Smart Society e Fi-Ware Excellence están dotados con premios por un valor de 200.000 e 141.000 euros respectivamente e non son excluíntes, é dicir, que un mesmo participante pode inscribirse en ambos os dous concursos sen ser penalizado por iso.


O primeiro premio do Smart Society está dotaco don 75.000 euros, o segundo con 40.000 e o terceiro con 20.000; ademais, hai dúas mencións especiais -ao Mozo desenvolvedor/a e á aplicación máis innovadoras- dotadas de 5.000 euros. O premio principal de Fi-Ware Excelence é de 25.000 euros, aínda que hai varios máis á excelencia en diferentes áreas, como robótica ou Big data, dotados de 10.000 euros.


Unha vez presentados os proxectos, un xurado profesional elixirá 20 equipos por cada reto. Cada equipo seleccionado recibirá 2.800 euros para poder desenvolver e mellorar a súa idea ata dar coa versión final que será avaliada e xulgada no Campus Party. 


A plataforma Fi-Ware trátase dunha infraestrutura aberta e innovadora, ofrecida dende a 'Nube'. Fi-Ware utilízase para crear e despregar aplicacións e servizos da Internet de Futuro. As especificacións das API desta plataforma son públicas e libres de 'royaltys', orientadas a aceleración da dispoñibilidade de servizos e produtos comerciais baseados no código aberto. 

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal