O obxectivo do proxecto é superar as barreiras de accesibilidade ás que se enfrontan as persoas maiores, con discapacidade e persoas pouco familiarizadas coas tecnoloxías, cando interactuar con dispositivos de uso público.
É unha solución especialmente deseñada para persoas con discapacidade visual, con dificultades de manipulación, ou persoas maiores, para as que accións cotiás, como ler o prospecto dun medicamento, poden supoñer un reto.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou a aposta da administración autonómica pola mellora das tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito rural que veñen avaladas por liñas de subvención recentemente publicadas tanto de acceso á internet de banda larga vía satélite como a proxectos dinamizadores das áreas rurais promovidos por microempresas para o uso das TICs.