O hospital Beth Ismael Deaconess Medial Center de Boston estivo a utilizar os lentes intelixentes de Google, Google Glass, para recocer os seus pacientes da área de urxencias. Mediante un código QR, envíase aos doutores o historial médico dos seus pacientes, así como os resultados da súa probas.
Confundir un paciente con outro podería formar parte do pasado se máis hospitais utilizasen Google Glass para recoñecer aos seus ingresados. Neste hospital de Boston desenvolveron a súa propia 'app' para identificar os pacientes mediante un código QR ('quick response') nas portas dos cuartos.
"Cando un médico entra nun cuarto da área de urxencias, mira a un código de barras na parede. Google Glass recoñece inmediatamente o cuarto e o centro de control de urxencias envía a información sobre o paciente ao seu campo de visión", alegaba o director de tecnoloxía do hospital, John Halamka, no seu blog.
Para seguir garantindo a privacidade dos datos dos seus pacientes, o servizo de tecnoloxía do hospital chegou a unha conclusión: "substituímos todos os compoñentes de Google dos dispositivos para que ningún dato viaxase aos servidores de Google".
En breves, segundo informa no seu blog o director de tecnoloxía, poñerase a disposición de todos os médicos do hospital o 'gadget' de Google.
E os pacientes parecen estar encantados co uso que dan no centro médico a este tipo de tecnoloxía de última xeración. "Ata agora ningún paciente se queixou. Hai pacientes que nos fixeron preguntas técnicas sobre os lentes".
Rexístrate como: