Hoxe presentámosvos un proxecto que naceu co obxectivo de mellora-la inclusión escolar dos alumnos que presentan Trastorno do Espectro Autista así como de diferentes necesidades educativas de soporte específicos utilizando dispositivos táctiles nas aulas. Un proxecto para aprender entre todos grazas á tecnoloxía, respectando a diferenza e descubrindo o potencial de cada cal.
Un dos proxectos máis rechamantes desta edición do JAI será o Fisiorob. Trátase dun robot colaborativo que actúa nos procesos de recuperación fisioterapéutica. O seu obxectivo é desenvolver unha solución baseada na combinación da robótica con contornas virtuais de rehabilitación, para o seu uso na recuperación da mobilidade das extremidades superiores de pacientes con necesidade de rehabilitación neuromotora.
Boa parte dos integrantes dos dez grupos de investigación que conforman a rede TELGalicia reuníronse este xoves no Campus de Vigo. O motivo? Basicamente estudar a viabilidade dun mestrado entre universidades sobre o emprego das novas tecnoloxías no ensino, amais de pórse ao día dos avances recentes e debullar as estratexias vindeiras.