Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
F1 Mates
06/11/14 (09:19)
Un proxecto da Universidade de Salamanca crea un xogo que facilita aos nenos a comprensión dos decimais e as fraccións e pode se-la base de novas app para o ensino.
Oshbot
06/11/14 (09:01)
Robots asistentes xa existen nalgúns lugares moi concretos, como en museos ou hospitais e son Lowe's Innovation Labs e Fellow Robots as compañías que están a probar Oshbot, o seu último robot asistente. Trátase dun conxunto de tests a pé de rúa, concretamente nunha tenda de bricolaxe en San Jose, California.
Vázquez Abad visitando o CEIP de Vilar de Barrio
06/11/14 (08:07)
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director de Cidadanía Corporativa e Relacións Institucionais de Samsung, Francisco Hortigüela, visitaron onte o CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio, o único centro educativo de Galicia integrado no proxecto ‘Samsung Smart School’ a proposta do departamento educativo da Xunta. O obxectivo desta iniciativa é impulsar a aprendizaxe do alumnado a través das novas tecnoloxías, centrándose na ruptura da fenda dixital, nos casos de centros que se vexan afectados por circunstancias desfavorables como o feito de estar situado no rural, ter unha alta taxa de abandono educativo temperán ou contar cun entorno económico cunha alta ratio de desemprego.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal