Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Oshbot

Non te sorprendas se te atende Oshbot, un robot asistente que xa está funcionando nos Estados Unidos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/11/14 (09:01)

A robótica está avanzado a pasos axigantados e todo apunta a que terminarán formando parte das nosas vidas. Deixando de lado o debate ético que implica, a ciencia-ficción e o mundo de Hollywood está a apoiar o seu rápido crecemento e dando algunhas ideas do que teremos no futuro. Como exemplos, Autómata, Her ou outros moitos máis.

Robots asistentes xa existen nalgúns lugares moi concretos, como en museos ou hospitais e son Lowe's Innovation Labs e Fellow Robots as compañías que están a probar Oshbot, o seu último robot asistente. Trátase dun conxunto de tests a pé de rúa, concretamente nunha tenda de bricolaxe en San Jose, California.

As dúas unidades de Oshbot son capaces de interaccionar cos clientes de múltiples formas: a súa pantalla táctil permite visualizar un catálogo de produtos que o robot asistente é capaz de localizar e identificar, algo perfecto para que te acompañe en caso de tratarse dunha tenda que ocupe unha gran área (alguén máis está a pensar en Ikea?), pero tamén pode manter unha conversación co cliente en varios idiomas grazas ao seu software de recoñecemento. Haberá que ver até que punto pode suplir a un humano por exemplo no relativo ás recomendacións de produtos, algo xeralmente cunha alta carga de subxectividade.

En canto ás características técnicas, Oshbot é un robot de metro e medio de estatura, 39 quilogramos de peso e aparencia plenamente robótica precisamente ideada para identificalo como tal. Dispón de escáneres 3D, sensores láser, micrófonos, altofalantes, sensores de colisión, conexión inalámbrica e un conxunto de software, herdado do seu anterior Holoroom, que permite crear o inventario dunha tenda. Si, Oshbot é capaz de 'percorrer' un establecemento identificando tanto os produtos como a súa localización, coma se dun Wall-E tratásese pero intercambiando as pilas de lixo por produtos dunha tenda física.

É este o futuro que nos espera?
Pois certamente, e aínda que a moitos non lles guste, parece que si. Por suposto é aínda unha tecnoloxía moi verde como para masificarse no mercado e hai moitos aspectos nos que os robots necesitan mellorar aínda máis. A marxe de evolución é significativo, pero sen ningunha dúbida é a meta que moitas das compañías desarrolladoras teñen nas súas respectivas cabezas.

Por agora é inviable pensar en que un robot poida substituír completamente a un ser humano; con todo si poden facelo en tarefas puntuais e concretas por exemplo en grandes fábricas (estamos afeitos velos nas dos automóbiles), ou máis recentemente tamén nos hospitais como mecanismo de precisión para os cirurxiáns. Noutras palabras: que viñeron para quedar, así que haberá que facerlles un oco nas nosas vidas.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal