Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Neno con reloxio FiLIP 2
10/11/14 (08:52)
Smartwatches para os máis pequenos? Xa vos ensinamos que había algunha empresa confeccionándoos, como é o caso de FiLIP. Pois eles mesmos volven á carga coa segunda versión do dispositivo. Ideado para saír ao mercado da man da operadora norteamericana AT&T, e coas datas do Nadal por diante, ten no seu interior un teléfono. De aí a súa relación coa operadora (descoñecemos se funcionará con outra). FiLIP 2 é esencialmente un pequeno teléfono na boneca, por iso non ten un tamaño comedido, ademais de estar concibido pensando en ser un produto resistente. Moito colorido no seu plástico, formas redondeadas para resultar atractivo.
Impresora 3D
10/11/14 (08:04)
Que é a impresión 3D, en que momento tecnolóxico se atopa, que utilidade práctica ten para a cidadanía, como pode facilitar tarefas en campos como a sanidade, o lecer, a educación ou o fogar son os temas que se abordarán na xornada “Imaxina e crea: impresión 3D”. Trátase do segundo Faladoiro Dixital do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. Será o vindeiro xoves 13 de novembro en Santiago de Compostela.
Biblioteca Nodal de A Coruña Miguel González Garcés
10/11/14 (07:53)
A Biblioteca Nodal de A Coruña Miguel González Garcés, en colaboración co Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, celebra o vindeiro 12 de novembro un novo obradoiro do seu Ciclo “Falamos de... a informática fácil” na aula CeMIT situada nas súas instalacións. Trátase do curso de “Correo electrónico Webmail”, de 9 horas de duración, que contará co apoio de David Sotelo Gavilán, voluntario dixital do Programa.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal