O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou onte na presentación da aplicación de telefonía móbil, ‘Applícate o conto’, elaborada por Nelson Martínez Araújo no marco da realización do módulo de Formación en Centros de Traballo do ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e Dispositivos Móbiles, titulación que cursou no Centro Integrado de Formación Profesional A Carballeira-Marcos Valcárcel. As personaxes dos contos que contén a aplicación, así como a narración dos mesmos, foi desenvolvida polas alumnas e alumnos do Centro Público Integrado Virxe da Saleta, de Cea, orientados polo seu profesor Martiño Ramos Soto.
Lathaeus, a pulseira electrónica para coidar ás persoas da terceira idade de David Rodríguez Constela e Adam Anh Kim Caramés, foi elixida como a mellor idea do centro Yuzz Vigo. Pola súa banda, Situm -a tecnoloxía de localización de smartphones que permite coñecer a posición de calquera teléfono nun espazo pechado-, presentada por Víctor Álvarez e Adrián Canedo, foi seleccionada como o mellor proxecto do centro Yuzz de Santiago.
Un grupo de neurocientíficos, en colaboración con deseñadores de videoxogos, da universidade de Lincoln, en Reino Unido, están a desenvolver un videoxogo para axudar aos nenos con problemas visuais e que estes teñan unha vida máis independente. Un adestramento que se fai mentres están a xogar polo que o factor lúdico é importante de cara a fomenta-la aprendizaxe.