Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo de Eyelander

Eyelander quere axudar aos nenos con deficiencia visual a ter unha vida independente

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/11/14 (13:37)

Un grupo de neurocientíficos, en colaboración con deseñadores de videoxogos, da universidade de Lincoln, en Reino Unido, están a desenvolver un videoxogo para axudar aos nenos con problemas visuais e que estes teñan unha vida máis independente. Un adestramento que se fai mentres están a xogar polo que o factor lúdico é importante de cara a fomenta-la aprendizaxe.

O obxectivo pasa por crear unha ferramenta orientada a quen teñen lesións cerebrais e non tanto dano nos ollos. É dicir, búscase mellorar a visión funcional que teñen os máis pequenos, a que se usa tódolos días para accións cotiás como cruzar un paso de peóns, usar un móbil ou atopar un libro no andel.

A diversión para motivar o adestramento
Quen sofren de deficiencia visual debido ás lesións no cerebro tradúcese na dificultade para converter as mensaxes que captan os ollos e envían á nosa materia gris. Non se fai unha comunicación correcta e o campo visual é máis reducido. Poden ver, pouco, pero teñen moitos problemas para realizar tarefas que o resto facemos de forma natural e con pouca marxe de erro.

O froito deste equipo de neurocientíficos e deseñadores de videoxogos é Eyelander. Un título que combina o traballo dos tests de deficiencia visual con fórmulas para crear experiencias divertidas e que vaian máis aló das típicas probas onde só aparecen formas en branco e negro.

O xogo componse de doce niveis e propón retos como mover personaxes pola pantalla ou localizar un obxecto que está virado entre outros moitos que están a mirar na outra dirección. Conta con varios niveis de dificultade que se axustan ao grao de visibilidade que ten cada paciente.

Os ensaios clínicos comezarán deica pouco cun grupo de persoas con idades comprendidas desde os 8 aos 25 anos. Segundo un dos investigadores detrás deste proxecto esperan que o feito de que sexa un xogo e teña un adestramento ameno axude a mellorar lixeiramente a súa visión funcional.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal