Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Fisiorob

As Xornadas de Automatización Industrial acollen a presentación do proxecto Fisiorob, no que participa Balidea

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/11/14 (09:17)

Entre o 3 e o 7 de novembro estáse a celebrar a sexta edición das Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI) no auditorio AFundación de Policarpo Sanz (Vigo).

Un dos proxectos máis rechamantes desta edición será o Fisiorob. Trátase dun robot colaborativo que actúa nos procesos de recuperación fisioterapéutica. O seu obxectivo é desenvolver unha solución baseada na combinación da robótica con contornas virtuais de rehabilitación, para o seu uso na recuperación da mobilidade das extremidades superiores de pacientes con necesidade de rehabilitación neuromotora. 

O sistema pretende mellora-lo proceso de rehabilitación, combinando as vantaxes da robótica, para o desenvolvemento de exercicios intensivos, coas da realidade virtual, para establecer escenarios interactivos que melloren a motivación e a satisfacción dos pacientes durante a recuperación.

FISIOROB conta coa participación de EMTE, do hospital privado Povisa, das empresas Aequs, Izmar, I3CHE e a santiaguesa Balidea, os centros tecnolóxicos Aimen e CIS Galicia e a Universidade de Vigo. O proxecto forma parte do programa FEDER-INNTERCONECTA da Unión Europea para o impulso de proxectos de I+D+i e está financiado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), o Ministerio de Economía e Competitividade, a Axencia Galega de Innovación e o Fondo Tecnolóxico.

 

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal