O proxecto foi bautizado como Brain Polyphony e foi desenvolvido polo Centro de Regulación Xenómica (CRG), a empresa Starlab e a Universidade de Barcelona (España). O seu obxectivo é converter, mediante un casco, as ondas cerebrais das emocións en sons. Este dispositivo permitiría ás persoas que presentan discapacidades profundas (parálise cerebral, por exemplo) a comunicarse sen problemas cos demais.
A consultora tecnolóxica Setesca acaba de anunciar o lanzamento en exclusiva en España de VGo, un robot de telepresencia capaz de establecer unha comunicación cunha persoa que non se atope preto.
A ferramenta de control parental lanzada pola empresa galega asegura que o acceso dos nenos ao móbil sexa seguro e poidan comunicarse con catro contactos importantes (sexan os pais, outros familiares ou amigos), enviar e recibir mensaxes de texto dende a liña móbil paterna ou dende a súa aplicación de mensaxería instantánea favorita e, finalmente, tirar partido de xogos e aplicacións.