Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Help Launcher Kids

Primux lanza unha app para facer máis seguras as sesións cos dispositivos dos máis pequenos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 14/07/15 (08:54)

A empresa galega Primux Tech, da que se falou con motivo da súa aplicación para favorecer o uso de trebellos intelixentes entre as persoas maiores ou dos seus dispositivos Alpha e Omega, vén de lanzar unha nova ferramenta para permitir o uso máis óptimo posible dos smartphones. Desta volta, o desenvolvemento diríxese a dar servizo a nais e pais, xa que un dos seus obxectivos é garantir a seguridade nos dispositivos cando os empregan os máis cativos da casa. Primux, cuxo departamento de I+D+i está emprazado no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, mobilizou para o deseño de Help Launcher Kids (así se fai chamar a aplicación) unha trintena de desenvolvedores. O sistema permite entre outras outras cousas controlar as chamadas, mensaxes e xogos. Podemos descargalo xa en Google Play.

Máis en detalle, a ferramenta de control parental lanzada pola empresa galega asegura que o acceso dos nenos ao móbil sexa seguro e poidan comunicarse con catro contactos importantes (sexan os pais, outros familiares ou amigos), enviar e recibir mensaxes de texto dende a liña móbil paterna ou dende a súa aplicación de mensaxería instantánea favorita e, finalmente, tirar partido de xogos e aplicacións. Segundo informa a Tecnópole reflectindo informacións de Primux, “pódense ter cantas aplicacións permitan exclusivamente os pais, non hai límite para a diversión”.

A ferramenta móbil está dispoñible en varios idiomas: galego, castelán, inglés, francés, portugués, alemán e italiano. Respecto do control da aplicación, achégase a través dun menú accesible con contrasinal que permite que as nais e pais configuren o sistema en todas as súas alternativas posibles, é dicir, nas opcións de contactos, contactos favoritos, aplicacións e xogos.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal