A presentación da Axenda Dixital 2020 dá comezo á Semana Dixital, durante a que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia levará a cabo catro actos para detallar os eixos deste texto e “facer o seu contido máis accesible para todos os públicos”.
As fundacións Vodafone España, ONCE e TMB (Transports Metropolitans de Barcelona) veñen de desenvolver un innovador proxecto de accesibilidade para o transporte público. A iniciativa, inserida no seu acordo de cooperación para loitar a prol da inclusión social de colectivos con diversidades funcionais, está especialmente dirixida a persoas cegas ou con visión reducida.
Os diversos problemas de mobilidade que sofren as persoas que usan cadeiras de rodas, fixeron que estudantes de Mecánica e Enxeñaría eléctrica da Escola Politécnica Federal de Zúric e a Universidade de Artes de Zúric, desenvolvan a primeira cadeira de rodas eléctrica equipada cun sistema de rodas de oruga, que lle permitirán subir e baixar escaleiras.