Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Alberto Feijoo e Mar Pereira durante a presentación da Axenda Dixital 2020

Feijóo destaca que a Axenda Dixital 2020 servirá como "catalizador da modernización da economía" cun obxectivo: que ningún galego quede excluído do progreso tecnolóxico

  • Comeza a Semana Dixital, durante a que se presentarán diferentes iniciativas desta estratexia
  • Mobilizará máis de 1.500 millóns de euros, pero será, sobre todo, “un investimento en futuro”
  • O xefe do Executivo recalca a importancia da estratexia dixital que se vén aplicando desde 2009, que fixo posible, entre outras medidas, o proxecto Abalar, que fixo de Galicia a comunidade pioneira na implantación do libro dixital
  • A axenda abre a porta ao novo Plan de Banda Larga 2020, que ten como obxectivo que o 100% da poboación galega teña cobertura de 30 megas e o 50% dos fogares dispoñan de banda larga por riba de 100 megas
  • Ademais, promove unha Administración dixital innovadora, establece medidas favorecer servizos dixitais avanzados no eido do benestar e sanidade, e impulsará á dixitalización empresarial en sectores estratéxicos
  • “Teño a convicción de que este texto será o primeiro paso do crecemento sustentable da Galicia do século XXI”, conclúe o presidente da Xunta

 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 20/07/15 (08:38)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a publicación do texto definitivo da Axenda Dixital Galicia 2020, que espera que impulse unha modernización tecnolóxica que “sexa o catalizador para unha profunda modernización da nosa economía, da nosa sociedade e das nosas administracións públicas”. Ademais, Feijóo afirmou que este texto ten un obxectivo claro: “que ningún galego quede excluído do progreso tecnolóxico e do crecemento económico que se deriva del”.

O presidente anunciou a publicación da Axenda tras unha xuntanza con profesionais tecnolóxicos de diferentes sectores produtivos que colaboraron na elaboración do documento. A presentación da Axenda Dixital 2020 dá comezo á Semana Dixital, durante a que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia levará a cabo catro actos para detallar os eixos deste texto e “facer o seu contido máis accesible para todos os públicos”.

A nova estratexia tecnolóxica da Xunta establece as actuacións para acadar unha Administración dixital innovadora, favorecer servizos dixitais avanzados no eido do benestar e sanidade, e impulsa á dixitalización empresarial en sectores estratéxicos. Feijóo explicou que a Axenda Dixital Galicia 2020 “mobilizará máis de 1.500 millóns de euros”, pero que sobre todo é “un investimento en futuro” que permitirá “ofrecer servizos adaptados aos novos tempos, avanzar cara a unha nova situación económica e garantir a vertebración dixital de Galicia”.

O xefe do Executivo autonómico agradeceu a implicación da sociedade galega e dos axentes económicos e sociais no “proceso de reflexión conxunta” que deu pé á Axenda Dixital 2020. Tamén lembrou que esta é a continuación do esforzo iniciado en 2009 coa 2014.gal Axenda Dixital de Galicia, que contribuíu ao desenvolvemento da Administración electrónica, loitou por reducir a fenda dixital, desenvolveu programas específicos para a modernización de sectores como a agricultura, a pesca ou o turismo e contribuíu a reverter a desigualdade que vivía a Comunidade no acceso aos servizos de telecomunicacións.

Tamén subliñou que a estratexia dixital da Xunta permitiu o nacemento do proxecto Abalar, que fixo que Galicia fose “pioneira na implantación do libro dixital” e na “integración plena das TIC na práctica educativa”.

Este último obxectivo acadouse mediante a implantación do Plan de Banda Larga de Galicia, que agora encara unha nova edición. Esta despregará redes ultrarrápidas para que o 100% da poboación galega teña cobertura de, como mínimo, 30 megas; e que o 50% dos fogares dispoñan de servizos de banda larga por riba por 100 megas, tendo sempre como horizonte o ano 2020.

“Teño a convicción de que este texto que presentamos hoxe será o primeiro paso do crecemento sustentable da Galicia do século XXI”, concluíu o presidente da Xunta.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal