Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Pantallazos da app Barcelona Òpera Accés
17/07/15 (10:20)
A Fundación Vodafone está a colaborar co Gran Teatre do Liceu para achegar os espectáculos de ópera ás persoas con discapacidades visuais. Froito desta alianza e coincidindo coa iniciativa Liceu á Fresca, ambas entidades presentan Barcelona Òpera Accés, nas súas palabras “unha innovadora aplicación de audiodescrición” destinada a colectivos coas devanditas características de visión. Entre outras cousas, permite descargar a descrición sonora da ópera que se está a representar para poder seguila de xeito sincronizado e en directo.
00limits
15/07/15 (12:17)
Fanse todo tipo de servizos dixitais para (supostamente) facilitarnos a viaxe a todas e todos, pero de verdade os hai para todas e todos? Segundo as emprendedoras responsables da aplicación 00limits, a resposta é negativa. De aí que se puxeran mans á obra para lanzar a que cualifican como “a primeira ferramenta para móbiles que fai máis doadas as vacacións e o tempo de lecer das persoas con diversidades funcionais”. A súa proposta, premiada no programa Startup Madrid 10, está a día de hoxe en fase de perfeccionamento, pero as liñas fundamentais están máis que claras (e usábles xa) para o obxectivo final: que os devanditos colectivos de usuarios conten cun completo directorio relacionado co lecer turístico do territorio estatal.
Robot feito con LEGO Mindstorms
15/07/15 (08:30)
Os 40 participantes do campamento de verán organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole experimentaron das maneiras máis divertidas durante dúas semanas para adquirir competencias e habilidades de innovación. Esta mañá mostraron os seus proxectos durante a última xornada dos Tecnópole Technological Workshops (T2W), nos que participaron rapaces e rapazas de entre 12 a 18 anos procedentes de Ourense, Vigo, Gondomar e Santiago.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal