Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Dispositivo Brain Polyphony

Crean un dispositivo que transforma as emocións en sons

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 14/07/15 (09:34)

O proxecto foi bautizado como Brain Polyphony e foi desenvolvido polo Centro de Regulación Xenómica (CRG), a empresa Starlab e a Universidade de Barcelona (España). O seu obxectivo é converter, mediante un casco, as ondas cerebrais das emocións en sons. Este dispositivo permitiría ás persoas que presentan discapacidades profundas (parálise cerebral, por exemplo) a comunicarse sen problemas cos demais.

O sistema está formado por un casco (Enobio helmet) que se coloca na cabeza do paciente e está equipado con neurosensores e medidores cardíacos que transmiten os impulsos eléctricos do cerebro, así como os latexados e a actividade muscular a un computador. O computador á súa vez, analiza as reaccións emocionais do paciente en tempo real segundo unha serie de parámetros xa introducidos.

Así, a intensidade de cada unha das variables empregadas revela se esa persoa sente felicidade ou emocións positivas ou tristeza, ira ou enfado (emocións negativas) con distintas magnitudes.

'O sistema sonifica as emocións do paciente a través da actividade eléctrica cerebral (EEG), cardíaca (ECG), muscular (EMG) e de acelerometría', explica Mara Dierssen, líder do proxecto.

Brain Polyphony acaba de presentar o seu proxecto piloto e conta con todo un ano para ser desenvolvido e aplicado a 15 pacientes máis (por agora foi probado con éxito en dous pacientes con parálise cerebral) para comprobar o seu rendemento.

Tema: Xeral
Fonte: Muy Interesante
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal