A Fundación ONCE lanzou a convocatoria de axudas 2106 a proxectos de emprendemento ou creación de empresas da economía social por parte de persoas con discapacidade. O seu obxectivo é fomentar o emprego, a mellora da empregabilidade e a inserción sociolaboral.
A industria CTIM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) destaca por ser un sector maiormente masculino no que as mulleres tenden a estar pouco representadas e recibir soldos inferiores en comparación cos seus colegas homes, segundo pon de manifesto a rede social profesional LinkedIn, recentemente adquirida por Microsoft.
A Asociación Íntegro, colectivo de persoas con diversidade funcional das bisbarras de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, vén de pór en marcha un proxecto de busca de micromecenado na Rede (o que se coñece como crowdfunding: comunidade de pequenos “financiadores” dun proxecto social, cultural ou empresarial ou todas as cousas á vez) para impulsar a construción dun xardín terapéutico adaptado a disposición dos membros de Íntegro e, en xeral, dos colectivos de persoas con diversidade funcional da Costa de Morte.