ILUNION Tecnoloxía e Accesibilidade, do grupo de empresas sociais da ONCE e a súa Fundación, participou no "IV Simposio Iberoamericano de Emprego con Apoio. Boas prácticas. Novos retos", no que presentou EcaTIC, unha aplicación para a inclusión laboral e eficiente de distintos perfís de persoas con discapacidade.
O Fórum de Carballo acollerá este ano un total de catro accións formativas para desempregados (AFD), dúas delas relacionadas directamente coas novas tecnoloxías da información e máis coas telecomunicacións.