A Fundación Vodafone España abre a primeira convocatoria de ‘Connecting for Good Galicia’, o programa impulsado en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para desenvolver iniciativas emprendedoras de innovación social dixital.
GaliciaTIC, histórico evento galego sobre novas tecnoloxías da información, está a piques de chegar á súa 14 edición. A cita será o 22 de setembro na Cidade da Cultura de Santiago, baixo o lema Transformación dixital para unha competencia global.