Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Nenos utilizando ipad

Novas tecnoloxías como o iPad, serven para reducir a tensión a nenos que van operarse

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 06/09/16 (08:18)

Un iPad é capaz de reducir os niveis de tensións nos nenos que teñen que enfrontarse a unha cirurxía que require anestesia xeral nos mesmos niveis que a administración dun sedante, como comprobou un estudo realizado por un grupo de médicos franceses.

As novas tecnoloxías están a revolucionar cada vez máis aspectos da vida, polo que a mediciña non ía quedar fóra. O doutor Dominique Chassard ha decido realizar, xunto outros médicos, un estudo para descubrir os beneficios que achega a utilización dun iPad para distraer aos nenos pequenos, antes dunha cirurxía que require de anestesia xeral.

Os investigadores franceses recrutaron a máis de cen nenos e os seus pais para participar no experimento. A medida que os nenos, de idades comprendidas entre os 4 e 10 anos, estaban tiñan que acudir á cirurxía, que requiría anestesia xeral, administróuselles, a unha metade, un sedante chamado midazolam, mentres que, á outra metade, permitíuselle xogar cun iPad.

Ambos os grupos de familias mostraron niveis similares de alivio da ansiedade inmediatamente antes da cirurxía, pero os pais estaban máis satisfeitos coa forma de administración da anestesia valéndose da utilización do iPad, satisfacción compartida polo grupo de enfermeiras involucradas no proceso.

"O noso estudo mostrou que a ansiedade dos nenos e dos pais antes da anestesia foron igualmente mitigados por midazolam ou polo uso de iPad. Con todo, a calidade da indución á anestesia, así como a satisfacción dos pais, foron xulgados mellor polo grupo dos que usaron iPad", dixo o doutor Dominique Chassard no estracto do estudo.

A modo de conclusión, Chassard declarou que "o uso de iPads e outras tabletas é unha ferramenta non farmacolóxica que pode reducir a tensión preoperatorio sen efectos sedantes en pacientes de cirurxía pediátrica".

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal