Investigadores do Laboratorio de Accesibilidade Audiovisual do Parque Científico da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) crean un sistema que analiza o contido do subtitulado da TDT. Segundo os datos que recolle de forma automática, un trinta por cento das cadeas incumpre a lexislación vixente en materia de subtitulado e accesibilidade.
Dixital Social Innovation é un novo proxecto dirixido a mapear as organizacións e colectivos europeos que utilizan ferramentas dixitais para a mellora social, a través de métodos innovadores. Forma parte dunha investigación financiada pola Comisión Europea.