O seminario abranguerá conceptos como ciberbulling (acoso entre menores), grooming (acoso entre un adulto e un menor), ou sexting (envío de fotografías sexuais) e trataranse a fondo temas como: O menor como vítima ou responsable de delitos cometidos a través de internet; A privacidade e a seguridade en Tuenti; Verdades e mentiras das redes sociais ou Consellos para o uso seguro destas.
Unha gran parte das visitas que reciben as webs ou blogs proveñen das buscas que realizan os usuarios nos principais buscadores, especialmente en Google. Traballar no SEO (Search Engine Optimization) da nosa páxina é fundamental se queremos aparecer entre os primeiros resultados de busca, non obstante non se trata dunha ciencia matemática, é necesario ter coñecementos sobre a materia, e aínda así poderemos lograr un bo posicionamento só para unhas poucas palabras clave.