A Guía Social Media Para ONGs Sector 3.0 acaba de publicar información detallada sobre Google Grants, a versión de AdWords para ONGs.
Unha gran parte das visitas que reciben as webs ou blogs proveñen das buscas que realizan os usuarios nos principais buscadores, especialmente en Google. Traballar no SEO (Search Engine Optimization) da nosa páxina é fundamental se queremos aparecer entre os primeiros resultados de busca, non obstante non se trata dunha ciencia matemática, é necesario ter coñecementos sobre a materia, e aínda así poderemos lograr un bo posicionamento só para unhas poucas palabras clave.
Por esta razón existe o SEM (Search Engine Marketing), unha alternativa que permite posicionar a nosa páxina nun lugar preferente mediante enlaces pagados (publicidade), que se mostrarán de forma destacada sobre os outros resultados ao realizar unha busca, ben na parte superior ou na dereita das nosas pantallas.
Para xestionar este tipo de publicidade online utilizamos Google AdWords. Obviamente, anunciarse en Google ten un custo, pero por sorte existe unha edición gratuíta de AdWords para ONGs.
Google Grants é a versión de AdWords para organizacións sen ánimo de lucro. Permite ás ONG promover as súas actividades e iniciativas no famoso buscador, dotándoas dun crédito mensual para publicidade en AdWords.
A continuación explicámosvos con detalle como funciona e cales son os requisitos para poder utilizar esta ferramenta.
Requisitos para as organizacións sen ánimo de lucro con sede en España
Unha vez que a túa organización forme parte do programa Google Grants, debes cumprir as seguintes condicións para manter a túa condición de beneficiario do AdWords gratuíto para ONGs. En caso de incumprir algunha delas a túa entidade pode ser expulsada do programa.
Pasos da solicitude (extraídos da páxina de Google)
1. Crear unha conta de Google Grants (seguindo as instrucións pertinentes)
2. Redacta un texto no que expliques de que forma vas utilizar AdWords para lograr impacto social.
3. Enche o formulario de solicitude e non esquezas enviar a documentación que demostra que a túa organización non ten ánimo de lucro e o teu IDE de cliente de AdWords.
Dado o éxito do programa Google Grants entre as organizacións e o elevado número de solicitudes recibidas, actualmente o período de espera para a revisión da solicitude de participación oscila entre os 30 e os 60 días despois de presentala.
Se a túa ONG cumpre os requisitos para participar non esperes máis para enviar a túa solicitude e beneficiarse deste interesante programa de Google para dar maior visibilidade ás causas e proxectos de interese social.
Rexístrate como: