A industria do sector das tecnoloxías da información e a comunicación, agrupada na Confederación Española de Empresas do Sector TIC (CONETIC), participa no proxecto TEMIS onde se probarán aplicacións existentes capaces de controlar e previr a evolución do Párkinson coa máxima fiabilidade. Un dos gadgets utilizados neste proxecto é o controlador "Kinect" para detectar movementos involuntarios (discinesia) e incapacidade para iniciar un movemento (acinesia). O sistema "Kinect" é o mesmo que utilizan as consolas Xbox, a través de mandos inarámicos que poden recoller os movementos de todo o corpo con extraordinaria precisión e que se utilizan en xogos de habilidade e deportes. "O obxectivo é aproveitar todas as potencialidades da tecnoloxía xa existente para poñela ao servizo da ciencia, a saúde e a medicina", asegura Jorge Cebreiros, presidente de CONETIC.
Camisetas, teléfonos e videoconsolas
Ademais do desenvolvemento de aplicacións baseadas no sensor "Kinect", o proxecto TEMIS tamén recollerá os datos sobre a actividade das persoas observadas -temperatura, frecuencia cardíaca e respiración- a través de smartphones e roupa intelixente.
Instrumentos para obter datos obxectivos e fiables
"O proxecto "TEMIS" supón un salto adiante porque fará posible que se recollan datos sobre o comportamento diario dunha persoa sen que esta o perciba, de forma continuada e exenta de criterios subxectivos, dando así maior fiabilidade aos médicos sobre a influencia sobre o corpo dos comportamentos pouco saudables", explica Cebreiros. "TEMIS" proponse ademais cimentar as relacións entre os profesionais das empresas do sector sanitario e das tecnoloxías, coa aposta por unha rede estable de cooperación entre ambos os dous.
O proxecto encóntrase nunha fase piloto na que participan 120 persoas con párkinson, obesidade, anciáns e individuos sen ningunha doenza de Francia e Portugal. Os datos rexistrados por CONETIC analizaranos os científicos que lideran o programa europeo "TEMIS" co obxectivo de dirimir a influencia dos hábitos de vida sobre a saúde, tanto na cronificación e avance das enfermidades coma nos factores de risco. CONETIC participa no proxecto "TEMIS" xunto a outras 5 entidades procedentes de España, Francia e Portugal. Por parte de España participan CONETIC, o Instituto Tecnolóxico de Aragón (ITA) e CETEMMSA; por parte de Francia, participan o Instituto de Medicina e Psicoloxía Espacial (MEDES) e o Centro Hospitalario Universitario de Toulosue; por parte de Portugal, faino a Asociación para a lnvestigación e o Desenvolvemento da Facultade de Medicina de Lisboa..
Máis sobre CONETIC.
CONETIC, Confederación Española de Empresas do Sector TIC, é unha Confederación estatal sen ánimo de lucro, creada a finais do ano 2005, formada por 13 asociacións autonómicas que representan a máis 1.333 empresas, superando os 64.600 traballadores e unha facturación de 6.608 millóns de euros. CONETIC ten como finalidade básica a defensa dos intereses do sector español das TEIC para a mellora da competitividade das empresas.
Rexístrate como: