O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, presentou esta mañá a nova web da súa área, así como SOCYAL, a nova ferramenta de xestión da atención social
Máis de 4.800 mozos e mozas de 120 centros de ensino de educación secundaria de toda Galicia participaron en 2013 no obradoiro ‘Uso seguro das tecnoloxías da información e da comunicación’, que imparten os técnicos do servizo Quérote + da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, clausuraron na EGAP o curso para ‘Formadoras en materia de alfabetización dixital e empoderamento das mulleres rurais con perspectiva de xénero’.