Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Voluntariado Dixital
21/03/12 (11:48)
Esta mañá comezou en Santiago no Centro de Novas Tecnoloxías de Conxo o curso “Voluntariado e TIC” co que se inicia o proceso de formación das 137 persoas voluntarias dixitais e do persoal técnico das 36 entidades de acción voluntaria adheridas ao Programa de Voluntariado Dixital, que a Xunta de Galicia puxo en marcha a principios de febreiro.
04/03/12 (12:19)
Un total de 137 voluntarios dixitais e 36 entidades de acción voluntaria se adheriron á primeira convocatoria do Programa de Voluntariado Dixital que a Xunta de Galicia puxo en marcha a principios de febreiro. O obxectivo desta iniciativa, promovida pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Traballo e Benestar, e contribuír a través da colaboración e compromiso de persoas voluntarias á incorporación das novas tecnoloxías á vida cotiá de toda a cidadanía galega, centrándose nesta primeira fase nos colectivos de maiores e persoas con discapacidade.
01/03/12 (12:01)
O Programa VOLUNTARIADO DIXITAL alcanza, na súa primeira convocatoria de inscrición do pasado mes de febreiro de 2012, a cifra de 137 persoas voluntarias e 61 entidades colaboradoras. O próximo 20 de marzo celebrarase o 1º Módulo incluído no programa de capacitación “VOLUNTARIADO E TIC”, o cal esta dirixido as persoas voluntarias e ó persoas técnico das entidades de acción voluntaria. Os interesados poderán inscribirse a través do correo electrónico voluntariadodixital@xunta.es.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal