A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca a segunda edición do programa formativo Líderes de Futuro a través do cal se desenvolverán accións orientadas á mellora de competencias e habilidades da mocidade galega. Unha iniciativa que foi presentada esta mañá polo conselleiro José Manuel Rey Varela e pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez.