A investigadora da Escola Politécnica Superior da Universidade de Burgos Esther Baños García desenvolveu, no marco da súa tese doutoral, unha aplicación multimedia dirixida a discapacitados intelectuais que contribúe a mellorar a súa autonomía dentro do fogar. A ferramenta baséase nun vídeo interactivo dunha casa real pola que os usuarios poden navegar e realizar actividades relacionadas coa seguridade e a orde.
A Comisión Europea acaba de publicar o informe resumo, así como a versión final dos documentos preparados polos distintos países participantes en relación á revisión por pares sobre "Aproveitamento das TIC para a acción social, un programa de voluntariado dixital" que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado 25 de marzo.