A Comisión Europea acaba de publicar o informe resumo, así como a versión final dos documentos preparados polos distintos países participantes en relación á revisión por pares sobre "Aproveitamento das TIC para a acción social, un programa de voluntariado dixital" que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado 25 de marzo.
Co impulso dos "peer reviews" (avaliacións por pares) a Comisión Europea promove a difusión de boas prácticas entre os Estados membro, que avalían e fan unha análise crítica sobre unha política concreta levada a cabo polo país anfitrión. É unha técnica que permite aos gobernos que se someten a revisión, coñecer as opinións e experiencias dos seus homólogos europeos na devandita política e, deste xeito, deseñar e implementar políticas máis efectivas no futuro ademais de favorecer o diálogo cos grupos de interese ("stakeholders").
Toda a documentación xerada no contexto do Peer Review no que se avaliou o Programa de Voluntariado Dixital de la Xunta está dispoñible no sitio web da Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da Comisión Europea:
Rexístrate como: