En decembro coñecéronse os gañadores dos premios The App Date Award 2014, evento que se vai a celebrar o próximo 22 de xaneiro no Espacio da Fundación Telefónica en Madrid. Nesta ocasión, o premio “The App Award. Mejor app española 2014” foi para Guudjob.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar os dous vídeos premiados do concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’. A curta máis votada foi “As Cousas de antes” do IES Perdouro de Burela, seguida de “Revivamos Galicia” do IES de Cacheiras do Concello de Teo.
O proxecto Situm, de Adrián Canedo Rodríguez e Víctor Álvarez Santos, vén de acadar o primeiro premio a nivel nacional do programa Yuzz, dotado cun total de 30.000 euros para desenvolver a súa idea. Esta iniciativa viña de ser escollida como a mellor do centro Yuzz de Santiago e, polo tanto, correspondíalle competir a nivel nacional coas ideas gañadoras das outras 23 cidades españolas –incluída Vigo- que contan cun centro Yuzz.