Este martes comezou oficialmente o programa Sempre en Activo,iniciativa da Deputación de Lugo (Fundación TIC) para potenciar nos concellos da provincia o benestar social e o envellecemento activo. A posta en marcha do programa celebrouse en Láncara, nun acto de apertura e presentación no que participaron o presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ao director de Fondos Europeos, Pablo Rivera.
De cando en vez gústanos lembrarvos que a Rede CeMIT pon á vosa disposición unha lista de cursos e actividades gratuítas para formarvos en novas tecnoloxías. Que hai no calendario para as próximas semanas?
Un grupo de investigadores pertencentes á Universidade de Sevilla, os doutores Francisco Esteban e Miguel Anxo López, e a Hospital Quirón Sacro Corazón de Sevilla, os doutores Antonio Abrante e David Castro, desenvolveu unha aplicación para teléfonos móbiles e tabletas dirixida a persoas con problemas de audición e acúfenos (ruídos nos oídos).