Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
The App Date

A mellor app de 2014 é…

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/01/15 (08:06)

En decembro coñecéronse os gañadores dos premios The App Date Award 2014, evento que se vai a celebrar o próximo 22 de xaneiro no Espacio da Fundación Telefónica en Madrid. Nesta ocasión, o premio “The App Award. Mejor app española 2014” foi para Guudjob.

Guudjob axúdache a buscar, atopar e contactar gratis con profesionais que ofrecen os seus servizos. Profesionais aos que poderás valorar axudándoos a mellorar e medrar profesionalmente. Tamén podes darte a coñecer dunha forma visual e atractiva e chegar a clientes coa credibilidade que aportan as valoracións do teu traballo.

O xurado valorou a capacidade transformadora da aplicación e o seu deseño práctico e funcional. Guudjob é unha proba máis do auxe da economía colaborativa. Cubre unha necesidade que en España non cubría ningunha outra ferramenta e importa unha idea que xa funciona, por exemplo, nos Estados Unidos.

Pero hai máis premiados. “The App Award. Premio al proyecto más innovador” foi para a Fashion Wearable Orchestra. Trátase dunha experiencia sonora que consta dun cadro de bailaríns vestidos con wearables, dispositivos capaces de xerar música a partir do movemento e a interacción. Na entrega de premios, será o público o que colabore na creación da composición musical cos seus dispositivos móbiles.
 

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal