Memoria Dixital Lugo é un programa de dinamización local, cidadá e tecnolóxica que se está a desenvolver de maneira itinerante por toda a provincia, incluíndo 15 obradoiros sobre o uso do móbil.
Telefónica presentou Jocomunico, unha aplicación gratuíta baseada nun sistema pictográfico e dirixida a persoas que teñen problemas na fala, derivados de parálises cerebrais, autismo severo, ou certos tipos de afasia.
Máis de 1.600 alumnos de educación infantil de 31 concellos poderán realizar, entre os días 12 e 21 de decembro, as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.